ESTADO INICIAL 
 
 
 
 



ESTADO FINAL
 

 



INTERVENCIÓN REALIZADA


1. REALIZACIÓN DE ANÁLISE, PROBAS DE SOLUBILIDADE, CONTROL MEDIO AMBIENTAL E MEDICIÓNS LUMINÍCAS

a) Análise física-químicos: estas análises consistirán no estudo das micromuestras mediante:

   ➢ Microscopia óptica con luz polarizada e UV para estratigrafías e determinación de fibras.
   ➢ Microscopía electrónica de varrido. Microanálisis por dispersión de RX para caracterizar cargas e pigmentos. Esta técnica analítica empregarase tamén para a avaliación das distintas catas de limpeza que se realicen.
  ➢ Espectrometría IR por transformada de Fourier para elementos orgánicos como colas, aglutinantes ou resinas.
  ➢ Cromatografía de gases- espectrometría de masas para elementos orgánicos complexos: algúns tipos de aglutinantes, vernices oxidados e polímeros sintéticos.
 

 b) Probas de solubilidade: en principio demos prioridade aos medios mecánicos de eliminación de estratos ( bisturí, ultrasóns, vibroincisor, gomas de borrar).

Así, podemos apreciar, que a limpeza de sucidade depositada sobre a policromia da mazoneria debe realizarse obedecendo a unha dobre metodoloxía:

- Amornes da mazonería cuxa superficie non mostra resinas e os depósitos de sucidade débense ao paso do tempo e a exposición aos axentes ambientais. Consiste en retirar a sucidade mediante o emprego de gomas de borrar de distinta dureza.
 
 


- Zonas de a mazonería onde se atopa aplicado un recubrimento amarelo correspondente a unha resina natural. Nestes casos a retirada de resina realizouse con facilidade aplicando un hisopo de algodón humectado en alcol.
 
 
 

- Zonas de carnación das esculturas e elementos figurativos da mazonería. Empregáronse unha mestura de solventes un pouco máis activas que as empregadas nos elementos anteriores.


 
c) Control ambiental. No inicio dos traballos dá comezo o estudo medio ambiental recollendo as medidas de humidade e temperatura co obxectivo de caracterizar o microclima dos distintos espazos do retablo (reverso e anverso, corpos e rúas). Instalamos en obra dúas dataloggers que permitan a recollida diaria destes valores,




2. LIMPEZA SUPERFICIAL. TRATAMENTO ANTIXILÓFAGOS. REVISIÓN DE ANCORAXES. TRATAMENTO DE ELEMENTOS METÁLICOS. PROTECCIÓNS PREVIAS, FIXACIÓNS, SENTADO DE COR E RETIRADA DE ELEMENTOS ALLEOS Á OBRAA limpeza superficial do conxunto consistiu na retirada das acumulacións de po e depósitos biolóxicos mediante o uso brochas, cepillos, e sistemas de aspirado, tanto do anverso como o reverso,

O obxectivo do tratamento antixilófagos fué por unha banda erradicar praga (acción curativa) e por outro impedir a aparición de novos ciclos de actividade (acción preventiva). Propoñemos o uso combinado de tratamento de pulverización e pincelado e de tratamento de microinyección

Procedeuse á limpeza e estabilización de todos os elementos metálicos

Debido ao estado de deterioración de zonas puntuais da policromía fíxose necesario realizar proteccións de carácter temporal naqueles estratos de policromía que presentan un risco inminente de perda.

Realizamos a fixación e asentado daqueles estratos de policromía que pola súa debilidade de adhesión ao soporte presentaban risco elevado de perda.
 

3. CARPINTERIA DE RESTAURACIÓN, CONSOLIDACIÓN DE SOPORTE E REINTEGRACIÓNS VOLUMÉTRICAS. INTERVENCIÓN NA MESA DE ALTAR

A carpintería de restauración acometéronse aquelas tarefas encamiñadas a devolver a capacidade estrutural ao soporte de madeira naquelas zonas ou pezas que por distintas causas non poden exercer a súa función portante ou estrutural. Os traballos necesarios foron de consolidación de soporte, fixación de ensamblados, correccións de funcionamento estrutural, revisión de ancoraxes, revisión de esforzos horizontais e verticais, enchuletados, etc.,

Para a selaxe de gretas nas zonas de separación de paneis e gretas de desecación ou movemento, realizouse un coidadoso aspirado e limpeza hidroalcóholica.

As tarefas de reintegración volumétrica limitáronse a aqueles elementos seriados, de carácter simétrico ou repetitivo de forma esquemática, e aquelas arestas onde se necesitou reforzar o soporte, utilizando a reintegración cromática como elemento de diferenciación. Sempre




4. LIMPEZA DE POLICROMÍA. RETIRADA DE REPINTES. NIVELACIÓN DE APARELLOS.
A orde de limpeza seguido foi: eliminación do estrato superficial, limpeza dos recubrimentos da policromía orixinal e retirada de repintes.

Baseándonos nos criterios de mínima intervención, a nivelación de lagoas e posterior reintegración cromática das mesmas, se ceñiró a aquelas perdas que supoñían un detrimento na visión e lectura estética da peza.
 


5. REINTEGRACIÓN CROMÁTICA, VERNIZADO FINAL E INTERVENCIÓN EN O CONXUNTO ESCULTÓRICO

Para reintegrar cromáticamente as zonas que utilizamos inicialmente acuarelas, para entoar a base da reintegración. Despois realizamos un vernizado intermedio para saturar as cores e as bases. O acabado das reintegracións realizámolo con cores ao verniz

Finalmente aplicáronse os vernices de protección
 

6. METODOLOXÍA DE INTERVENCIÓN NA PEZA DE GUADAMECÍ.

Antes de proceder á retirada do frontal da mesa e a súa manipulación, protexemos aquelas zonas do guadamecí de maior fraxilidade. Dado o seu estado de conservación.

O tratamento das deformacións se realizazó mediante a achega de humidade vaporizada, calor controlada e peso. Unha vez estabilizada a planitud do soporte realizamos os enxertos nas zonas de grandes faltas.

A limpeza da superficie realizouse seguindo a metodoloxía xeral descrita anteriormente.



7. MEMORIA FINAL

A memoria final dos traballos constituirá un documento completo de consigna de todos os datos da obra.




CARTOGRAFÍA DE DAÑOS
  
 







 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 



 

PATOLOXÍAS
 


Realizouse unha análise de policromías é:

- Material escultórico. Soporte
- Preparación e policromía.
- Estrato superficial
- Frontal de altar. Guadamecí




Material escultórico. Soporte

- Acumulación de po, cascotes, depósitos biolóxicos e sucidade na traseira da mazonería, contribuíndo de forma activa á retención de humidade e impedindo a aireación do soporte.

- Orificios de saída de insectos xilófagos,

- Desensamblado das pezas con carácter puntual.

- Gretas en diferentes puntos, debidas en gran medida aos esforzos de asento do conxunto e a adaptación da madeira aos cambios termohigrométricos.

- Perda de soporte por impactos ou golpes, especialmente en saíntes, e roturas

- Mutilaciones nalgúns puntos do soporte, como na zona do sagrario.

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 


Preparación e policromía.
Presenta tres tipos de alteracións principais:

- Levantamentos: Repártense heterogéneamente pola superficie do retablo

- Perdas: Distribúense heterogéneamente por toda a superficie, afectando de forma máis acusada ao ático

- Desgastes: Maniféstanse principalmente na zona inferior e máis accesible á acción do home 

 
 
 
 
 
 
 



Estrato superficial

- Apréciase unha acumulación superficial de po e sucidade. O verniz preséntase envellecido e o aspecto xeral é de turbiedad.

- é apreciable unha repolicromía completa na imaxe de San Antón.

- O retablo aparece percorrido por cableados que acaban nos enchufes da base.





 

 


FRONTAL DE ALTAR. GUADAMECÍ.


 O soporte.

-
Danos por presenza de xilófagos

- Perda de estabilidade por intervencións anteriores.

- Perdas, faltas de soporte e mutilaciones

- Fisuras, gretas e bolsa    



  
                                                     
Policromía.


- Presenta zonas de resecación debido que estas tinguiduras penetran na estrutura do soporte

- Cera, depósitos po e sucidade, acumulación de verniz.




 





ASPECTOS CONSTRUTIVOS E TÉCNICO

 
A). Material escultórico. Soporte

A mazonería é de madeira de castiñeiro, predominan os ensambles a media madeira en colas de milano, os ensambles de caixa e espiga empregáronse maiormente para as unións das pezas que soportan os esforzos verticalmente. Utilizáronse cravos de forxa para reforzar as unións mencionadas.

O carácter autoportante da arquitectura do retablo fai que unhas pezas sirvan de apoio a outras configurando a verticalidad mediante ensambles de caixa e espiga. A estabilidade horizontal do conxunto conséguese mediante o emprego de suxeicións de machones de madeira ancorados ao muro e ao retablo, situados nas liñas da predela e o entablamento.

Os relevos e elementos de talla de zonas planas da arquitectura configúranse mediante a unión de táboas a aresta viva. As esculturas de vulto redondo están talladas na totalidade do seu volume.

B). Estratos de preparación e policromía.

A capa de preparación consiste na aplicación de varias capas de sulfato cálcico contrapeado, aglutinado cunha cola orgánica. Esta mesma mestura de cola quente aplicábase inicialmente sobre a madeira para facilitar o agarre do aparello. Nas zonas de nós ou de unións a aresta viva da madeira adoitaba colocarse tea ou estopa encoladas a modo de reforzo antes da aplicación do aparellado. Sobre esta capa de aparello realízanse os motivos decorativos que van incisos na mesma. Unha vez alisado este estrato de xeso e realizados os motivos incisos, aplícanse sobre el varias capas de bol avermellado, nas zonas que se presentan douradas, e as cores ao amorne (posiblemente de carácter orgánico), nos campos de cor marmoleados.

A policromía das esculturas e os relevos desagrégase tecnicamente en encarnacións e roupaxes.

O policromado das imaxes recolle motivos realizados mediante a técnica de estofado, ben realizado mediante esgrafiado ou ben a punta de pincel. A riqueza destas decoracións difire dunhas imaxes a outras, gardando maior calidade técnica a imaxe de San Miguel, onde é visible tamén o emprego de lacas vermellas. As decoracións destes estofados ( esgrafiados ou punta de pincel) están aparentemente realizadas con cores ao amorne
.


 
 
ICONOGRAFÍA
 
 
 


DIMENSIÓNS DO RETABLO
 
 
 
 
 


O RETABLO


Trátase dun retablo perfectamente adaptado ao espazo que ocupa, realizado en madeira de castiñeiro, policromado e dourado.

Desenvólvese en tres cales, un corpo principal, predela e sotobanco, todos eles de madeira. A rúa central é máis ancha e está lixeiramente avanzada, dándolle unha posición privilexiada. O elemento sustentante principal do retablo é o estípite que serve non só como elemento de soporte da estrutura senón tamén como elemento articulador e computador da estrutura retablística. Tanto o estípite como

as ménsulas, as decoracións vexetais e as rocallas fálannos dun retablo plenamente barroco.

O conxunto aséntase nas súas rúas laterais directamente sobre o chan, mentres que a rúa central descansa sobre un banco de obra que se adianta en planta servindo de apoio ao manifestador e ao sagrario. A súa fronte decórase cun frontal de altar cun delicado guadamecí.

Atopamos referencia a este retablo en “Apuntamentos para o inventario do mobiliario litúrxico da Diocese de Ourense”1 onde se cataloga como unha obra “moi boa” do século XVIII.


 
A IGREXA 

 Trátase dunha igrexa cuxo orixe se remonta ao século XII con adiccións de épocas posteriores, catalogada e presente no PXOM correspondente. De planta basilical (unha soa nave, rectangular), conserva da súa primitiva fábrica os seus muros laterais con algún canecillo románico. Os muros son de sillería e con algunhas zonas de cachotería, que corresponderían á parte máis antiga. A fachada está decorada con pilastras e dentro do conxunto destaca a torre barroca de tres corpos, cunha interesante balaustrada. A cuberta do edificio é a dúas augas, a excepción do presbiterio, onde aumenta en altura e a cuberta pasa a ser a catro augas. No seu interior estas cubertas son madeira, tanto no presbiterio como na nave. Ambos os espazos, nave e presbiterio, están separados por un arco toral de medio punto. Aprécianse no seu exterior dous momentos construtivos ben diferenciados. A liña de canecillos da nave principal indícanos unha orixe románico, sometido a importantes remodelacións, que teñen unha entidade moi relevante no período barroco.








CRITERIOS DE INTERVENCIÓN

- Atenderase de maneira prioritaria á conservación do obxecto, definindo claramente os traballos encamiñados á súa conservación material e aos procesos de restauración.

- Os tratamentos que se apliquen deberán ser estables, reversibles, e que non alteren nin modifiquen o aspecto orixinal dos bens.

- A reposición de elementos debera ser discernible do orixinal, permitindo a reintegración de zonas ben documentadas e de escasa entidade, sempre que sexa necesario para a correcta lectura da obra e que así sexa considerado pola Dirección Xeral do Patrimonio Cultural.




OS TRABALLOS NECESARIOS PARA ACADAR O OBXECTO DO CONTRATO


- Toma de mostras e análises físico químicas.

-  Redacción de proxecto de intervención.

- Elaboración de mapas de estado de conservación.

- Controis temporais de temperatura e humidade.

- Desinsectación preventiva: será precisa a aplicación dun produto insecticida como medida curativa e preventiva.

- Consolidación puntual do soporte, en caso de considerarse necesaria.

- Revisión de ancoraxes e se fose necesario substitución dos mesmo.

- Tratamento de elementos metálicos.

- Fixación da policromía: naquelas zonas puntuais na que a policromía presente unha mala adhesión ao soporte.

- Reintegracións volumétricas e resanado de gretas: sempre que o ben o requira para unha mellor lectura do conxunto, reintegraranse as faltas volumétricas.

 - Retirada de elementos alleos á obra: pezas do cabreado eléctrico, etc. No caso de que o cabreado se atope en uso deberá ser reconducido de forma eficaz, segura e quedando oculto á vista.

 - Limpeza físico química: a finalidade de esta actuación será devolverlle á obra a súas características cromáticas e de luminosidade orixinais. A capa de po acumulada, así como o verniz oxidado se eliminarán utilizando medios químicos conxuntamente co emprego de brochas suaves, bisturís e aspiradora.

 - Eliminación de repintes puntuais no retablo e imaxes.

 - Estucado: nas zonas nas que non haxa preparación, restituirase esta coa aplicación dun estuco tradicional de características similares ao orixinal.

- Reintegración cromática: empregaranse materiais reversibles e técnicas discernibles en relación á policromía orixinal.

 - Substitución da táboa superior da mesa de altar e colocación de táboas nos laterais da mesa; todas elas deberán ser de madeira de castiñeiro; o acabado consensuarase cos servizos técnicos da DXPC.

 - Protección final: coa finalidade de protexer á obra dos diversos axentes externos, procederase á aplicación dun verniz final.

- Restauración do fronte de altar en guadamecí.

- Restauración das imaxes pertencentes ao retablo.

- Redacción dunha memoria final de intervención.





 



EL CARTEL




Necesidade do contrato:

O retablo maior da igrexa de San Miguel de Soutopenedo está protexido polo seu valor cultural.  Co fin de garantir a protección e a conservación deste ben, esta consellería,  a través da Dirección Xeral  de  Patrimonio  Cultural,  quere  levar  adiante  unha  intervención  co  fin  de  recuperar  a funcionalidade  do  retablo,  atendendo  á  súa  restauración  integral,  freando  a  súa  deterioración, suprimindo ou minimizando os factores de alteración actuais e prevendo os futuros.

 

Os traballos necesarios para acadar o obxecto do contrato consisten, entre outros, na desinsectación, na fixación da policromía, na limpeza físico-química, na reintegración cromática e na restauración das imaxes pertencentes ao retablo.








OBXECTO DO CONTRATO:
Restauración do retablo maior da igrexa de San Miguel  de Soutopenedo,  en San Cibrao das Viñas (Ourense).
 
 
 
 
 
Nivel  de protección 
protexido polo seu valor  cultural  ao estar  incluído no Catálogo do patrimonio cultural de Galicia, segundo o que establece a Disposición adicional segunda da Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia (DOG núm. 92, do 16 de maio de 2016).
 Código CPA: 74.9 Outros servizos profesionais, científicos e técnicos n.c.o.p.
Código CPV: 45454100-5 Traballos de restauración
92522200-8 Servizos de preservación de edificios históricos.


Órgano  de  contratación: 
Consellería  de  Cultura  e  Turismo    Secretaría  Xeral  Técnica  (Orde  de delegación de competencias do 25.1.2012, publicada no DOG núm. 27, do 8 de febreiro de 2012), e de acordo co Decreto 106/2018,  do 4 de outubro,  polo que se modifica parcialmente o Decreto 177/2016, do 15 de decembro, polo que se fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia, e o Decreto 196/2012, do 27 de setembro, polo que se crea a Axencia de Turismo de Galicia e se aproban os seus estatutos (DOG núm. 191, do 5 de outubro de 2018).