OS TRABALLOS NECESARIOS PARA ACADAR O OBXECTO DO CONTRATO
- Toma de mostras e análises físico químicas.
- Redacción de proxecto de intervención.
- Elaboración de mapas de estado de conservación.
- Controis temporais de temperatura e humidade.
- Desinsectación preventiva: será precisa a aplicación dun produto insecticida como medida curativa e preventiva.
- Consolidación puntual do soporte, en caso de considerarse necesaria.
- Revisión de ancoraxes e se fose necesario substitución dos mesmo.
- Tratamento de elementos metálicos.
- Fixación da policromía: naquelas zonas puntuais na que a policromía presente unha mala adhesión ao soporte.
- Reintegracións volumétricas e resanado de gretas: sempre que o ben o requira para unha mellor lectura do conxunto, reintegraranse as faltas volumétricas.
- Retirada de elementos alleos á obra: pezas do cabreado eléctrico, etc. No caso de que o cabreado se atope en uso deberá ser reconducido de forma eficaz, segura e quedando oculto á vista.
- Limpeza físico química: a finalidade de esta actuación será devolverlle á obra a súas características cromáticas e de luminosidade orixinais. A capa de po acumulada, así como o verniz oxidado se eliminarán utilizando medios químicos conxuntamente co emprego de brochas suaves, bisturís e aspiradora.
- Eliminación de repintes puntuais no retablo e imaxes.
- Estucado: nas zonas nas que non haxa preparación, restituirase esta coa aplicación dun estuco tradicional de características similares ao orixinal.
- Reintegración cromática: empregaranse materiais reversibles e técnicas discernibles en relación á policromía orixinal.
- Substitución da táboa superior da mesa de altar e colocación de táboas nos laterais da mesa; todas elas deberán ser de madeira de castiñeiro; o acabado consensuarase cos servizos técnicos da DXPC.
- Protección final: coa finalidade de protexer á obra dos diversos axentes externos, procederase á aplicación dun verniz final.
- Restauración do fronte de altar en guadamecí.
- Restauración das imaxes pertencentes ao retablo.
- Redacción dunha memoria final de intervención.