INTERVENCIÓN REALIZADA
1. REALIZACIÓN DE ANÁLISE, PROBAS DE SOLUBILIDADE, CONTROL MEDIO AMBIENTAL E MEDICIÓNS LUMINÍCAS
a) Análise física-químicos: estas análises consistirán no estudo das micromuestras mediante:
➢ Microscopia óptica con luz polarizada e UV para estratigrafías e determinación de fibras.
➢ Microscopía electrónica de varrido. Microanálisis por dispersión de RX para caracterizar cargas e pigmentos. Esta técnica analítica empregarase tamén para a avaliación das distintas catas de limpeza que se realicen.
➢ Espectrometría IR por transformada de Fourier para elementos orgánicos como colas, aglutinantes ou resinas.
➢ Cromatografía de gases- espectrometría de masas para elementos orgánicos complexos: algúns tipos de aglutinantes, vernices oxidados e polímeros sintéticos.
b) Probas de solubilidade: en principio demos prioridade aos medios mecánicos de eliminación de estratos ( bisturí, ultrasóns, vibroincisor, gomas de borrar).
Así, podemos apreciar, que a limpeza de sucidade depositada sobre a policromia da mazoneria debe realizarse obedecendo a unha dobre metodoloxía:
- Amornes da mazonería cuxa superficie non mostra resinas e os depósitos de sucidade débense ao paso do tempo e a exposición aos axentes ambientais. Consiste en retirar a sucidade mediante o emprego de gomas de borrar de distinta dureza.
- Zonas de a mazonería onde se atopa aplicado un recubrimento amarelo correspondente a unha resina natural. Nestes casos a retirada de resina realizouse con facilidade aplicando un hisopo de algodón humectado en alcol.
- Zonas de carnación das esculturas e elementos figurativos da mazonería. Empregáronse unha mestura de solventes un pouco máis activas que as empregadas nos elementos anteriores.

c) Control ambiental. No inicio dos traballos dá comezo o estudo medio ambiental recollendo as medidas de humidade e temperatura co obxectivo de caracterizar o microclima dos distintos espazos do retablo (reverso e anverso, corpos e rúas). Instalamos en obra dúas dataloggers que permitan a recollida diaria destes valores,
2. LIMPEZA SUPERFICIAL. TRATAMENTO ANTIXILÓFAGOS. REVISIÓN DE ANCORAXES. TRATAMENTO DE ELEMENTOS METÁLICOS. PROTECCIÓNS PREVIAS, FIXACIÓNS, SENTADO DE COR E RETIRADA DE ELEMENTOS ALLEOS Á OBRAA limpeza superficial do conxunto consistiu na retirada das acumulacións de po e depósitos biolóxicos mediante o uso brochas, cepillos, e sistemas de aspirado, tanto do anverso como o reverso,
O obxectivo do tratamento antixilófagos fué por unha banda erradicar praga (acción curativa) e por outro impedir a aparición de novos ciclos de actividade (acción preventiva). Propoñemos o uso combinado de tratamento de pulverización e pincelado e de tratamento de microinyección
Procedeuse á limpeza e estabilización de todos os elementos metálicos
Debido ao estado de deterioración de zonas puntuais da policromía fíxose necesario realizar proteccións de carácter temporal naqueles estratos de policromía que presentan un risco inminente de perda.
Realizamos a fixación e asentado daqueles estratos de policromía que pola súa debilidade de adhesión ao soporte presentaban risco elevado de perda.
3. CARPINTERIA DE RESTAURACIÓN, CONSOLIDACIÓN DE SOPORTE E REINTEGRACIÓNS VOLUMÉTRICAS. INTERVENCIÓN NA MESA DE ALTAR
A carpintería de restauración acometéronse aquelas tarefas encamiñadas a devolver a capacidade estrutural ao soporte de madeira naquelas zonas ou pezas que por distintas causas non poden exercer a súa función portante ou estrutural. Os traballos necesarios foron de consolidación de soporte, fixación de ensamblados, correccións de funcionamento estrutural, revisión de ancoraxes, revisión de esforzos horizontais e verticais, enchuletados, etc.,
Para a selaxe de gretas nas zonas de separación de paneis e gretas de desecación ou movemento, realizouse un coidadoso aspirado e limpeza hidroalcóholica.
As tarefas de reintegración volumétrica limitáronse a aqueles elementos seriados, de carácter simétrico ou repetitivo de forma esquemática, e aquelas arestas onde se necesitou reforzar o soporte, utilizando a reintegración cromática como elemento de diferenciación. Sempre
4. LIMPEZA DE POLICROMÍA. RETIRADA DE REPINTES. NIVELACIÓN DE APARELLOS.
A orde de limpeza seguido foi: eliminación do estrato superficial, limpeza dos recubrimentos da policromía orixinal e retirada de repintes.
Baseándonos nos criterios de mínima intervención, a nivelación de lagoas e posterior reintegración cromática das mesmas, se ceñiró a aquelas perdas que supoñían un detrimento na visión e lectura estética da peza.
5. REINTEGRACIÓN CROMÁTICA, VERNIZADO FINAL E INTERVENCIÓN EN O CONXUNTO ESCULTÓRICO
Para reintegrar cromáticamente as zonas que utilizamos inicialmente acuarelas, para entoar a base da reintegración. Despois realizamos un vernizado intermedio para saturar as cores e as bases. O acabado das reintegracións realizámolo con cores ao verniz
Finalmente aplicáronse os vernices de protección
6. METODOLOXÍA DE INTERVENCIÓN NA PEZA DE GUADAMECÍ.
Antes de proceder á retirada do frontal da mesa e a súa manipulación, protexemos aquelas zonas do guadamecí de maior fraxilidade. Dado o seu estado de conservación.
O tratamento das deformacións se realizazó mediante a achega de humidade vaporizada, calor controlada e peso. Unha vez estabilizada a planitud do soporte realizamos os enxertos nas zonas de grandes faltas.
A limpeza da superficie realizouse seguindo a metodoloxía xeral descrita anteriormente.
7. MEMORIA FINAL
A memoria final dos traballos constituirá un documento completo de consigna de todos os datos da obra.