O RETABLO


Trátase dun retablo perfectamente adaptado ao espazo que ocupa, realizado en madeira de castiñeiro, policromado e dourado.

Desenvólvese en tres cales, un corpo principal, predela e sotobanco, todos eles de madeira. A rúa central é máis ancha e está lixeiramente avanzada, dándolle unha posición privilexiada. O elemento sustentante principal do retablo é o estípite que serve non só como elemento de soporte da estrutura senón tamén como elemento articulador e computador da estrutura retablística. Tanto o estípite como

as ménsulas, as decoracións vexetais e as rocallas fálannos dun retablo plenamente barroco.

O conxunto aséntase nas súas rúas laterais directamente sobre o chan, mentres que a rúa central descansa sobre un banco de obra que se adianta en planta servindo de apoio ao manifestador e ao sagrario. A súa fronte decórase cun frontal de altar cun delicado guadamecí.

Atopamos referencia a este retablo en “Apuntamentos para o inventario do mobiliario litúrxico da Diocese de Ourense”1 onde se cataloga como unha obra “moi boa” do século XVIII.