A IGREXA
Trátase dunha igrexa cuxo orixe se remonta ao século XII con adiccións de épocas posteriores, catalogada e presente no PXOM correspondente. De planta basilical (unha soa nave, rectangular), conserva da súa primitiva fábrica os seus muros laterais con algún canecillo románico. Os muros son de sillería e con algunhas zonas de cachotería, que corresponderían á parte máis antiga. A fachada está decorada con pilastras e dentro do conxunto destaca a torre barroca de tres corpos, cunha interesante balaustrada. A cuberta do edificio é a dúas augas, a excepción do presbiterio, onde aumenta en altura e a cuberta pasa a ser a catro augas. No seu interior estas cubertas son madeira, tanto no presbiterio como na nave. Ambos os espazos, nave e presbiterio, están separados por un arco toral de medio punto. Aprécianse no seu exterior dous momentos construtivos ben diferenciados. A liña de canecillos da nave principal indícanos unha orixe románico, sometido a importantes remodelacións, que teñen unha entidade moi relevante no período barroco.