Necesidade do contrato:
O retablo maior da igrexa de
San Miguel de Soutopenedo está protexido polo seu valor cultural. Co fin de garantir a protección e a
conservación deste ben, esta consellería,
a través da Dirección Xeral de Patrimonio
Cultural, quere levar
adiante unha intervención
co fin de
recuperar a funcionalidade do
retablo, atendendo á
súa restauración integral,
freando a súa
deterioración, suprimindo ou minimizando os factores de alteración
actuais e prevendo os futuros.
Os traballos necesarios para
acadar o obxecto do contrato consisten, entre outros, na desinsectación, na
fixación da policromía, na limpeza físico-química, na reintegración cromática e
na restauración das imaxes pertencentes ao retablo.